domingo, abril 9

290. Da Itália à Galiza

Uma tradução do Cântico das Criaturas, de São Francisco de Assis para o galego.

Canto do Irmán Sol

Outismo, onipodente, bô Señor,
tuas son as loubanzas, groria, honore e toda beizón,
que a ti sômente, Outismo, ben debidas que son
e ningún home é dino do teu nome falar.
Loubado meu Señor con todal-as creaturas
e mais mellor ainda cô irmán Sol,
pol-o que a nós nos mandas o día e a calor;
é belo, rayolante e con grande esprendor,
de ti Outismo ten sempre a siñificación.
Loubado meu Señor pol-a irmán Lúa e Estrelas,
que no ceo fixeches craras, garridas, belas.
Loubado meu Señor, pol-o irmán Vento,
pol-o Ar, pol-as Nubens, a Calma e todo o tempo
pol-o que as creaturas das o mantenemento.
Loubado meu Señor pol-a irmán Auga,
que é útil, homildosa, ben preciada e casta.
Loubado meu Señor pol-o irmán Lume,
pol-o que aloumiñas as mourenzas da noite;
el é belo, xocundo, baril, lanzal e forte.
Loubado meu Señor pol-a irmán e nai Terra,
pois ela nos mantén decote e nos goberna.
e en adumo da os froitos con côres, flores e herbas.
Loubade e beizoade, ao Señor gracias lle dade
e servídelle decote con moi grande homildade.

Loubado meu Señor pol-os que perdoan pol-o teu amor
e terman a doenza e a tribulazón.
Benaventurados sexan os que as sofren en paz,
pois por ti Outismo coroados serán.

Loubado meu Señor pol-a irmán Morte do corpo,
que non hai home que poida fuxir seu atopo.
¡Ai de aqueles que morran en pecado mortal!
Benaventurados os que a tua santa vontade fan,
pois a morte segunda lles non fará mal.

São Francisco de Assis, tradução ao galego por Luís Amado Carballo (1901-1927)

0 Comentários:

Enviar um comentário

<< Home